sábado, 17 de marzo de 2018

LA MULTIPLICACIÓN.

LA MULTIPLICACIÓN.

De Matecitos

LAS TABLAS DE MULTIPLICAR.


De Mundo primaria


De guiainfantil nos deja una serie de trucos para aprendernos las tablas de multiplicar y 
miliki unas canciones:
Haciendo click aquí podrás comprobar jugando si ya te sabes las tablas.

LA MULTIPLICACIÓN SIN LLEVADAS.


UNIDADES DE MEDIDA.





Pinchando aquí podrás practicar jugando.

sábado, 10 de marzo de 2018

A EDUCACIÓN VIARIA.

Para facilitar os desprazamentos de vehículos e peóns e evitar accidentes existen os sinais de tráfico e as normas de circulación.


de Concello de Santiago de Compostela


De GreenLight, dibujos educación vial niños


De César García-Rincón de Castro

A continuación déixovos aquí unhas actividades para praticar os elementos que forman a rúa.

OS MEDIOS DE TRANSPORTE.

sábado, 3 de marzo de 2018

O CONCELLO.

Un municipio está formado por unha ou varias localidades e o terreo que as arrodea.



Un concello está formado polo alcalde e os concelleiros, que gobernan o municipio e organizan os servizos municipais (varredores, xardineiros, policías, bombeiros, ...). Tamén é o edificio onde traballan o alcalde e os concelleiros, adoita estar na praza principal da localidade. 



As persoas que viven no mesmo barrio ou na mesma localidade son veciños
Os veciños dunha localidade teñen a obrigación de cumprir unha serie de normas de convivencia: respetarse, axudarse, prestarse cousas, compartir festas, coidar o que é de todos, normas sobre os ruídos, o lixo, as mascotas, o uso dos parques, ...  

ALDEAS, VILAS E CIDADES.

ALDEA.

As aldeas son localidades pequenas que teñen poucos habitantes, rúas estreitas e curtas, e casas baixas. Nelas hai pouco tráfico. Os seus habitantes adicanse á agricultura e á gandería ou á pesca.



VILA.

As vilas son localidades medianas, con poucos habitantes, rúas estreitas e curtas e casas máis ben baixas. Nelas non soe haber moito tráfico. Os seus habitantes adicanse á agricultura e a gandería ou á pesca e ao turismo.




CIDADE.

As cidades son localidades con moitos habitantes, rúas anchas e longas, e con edificios altos. Teñen moito tráfico e contaminación. 





De Jesús Chacón Chaparro


UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

Para estar sans hai que tomar todos os tipos de alimentos e comer cinco veces ao día (almorzo, comida de media mañá, xantar, merenda e cea). 

O almorzo é a comida máis importante do día porque nos proporciona a enerxía e as substancias necesarias despois de non comer durante moitas horas.

A pirámide dos alimentos indícanos con que frecuencia debemos tomar alimentos de cada grupo.



De Happy Learning Español

A ALIMENTACIÓN.

Os alimentos proporcionan a enerxía e as substancias que o noso corpo precisa.


O APARATO DIXESTIVO.



De Smile and Learn - Español

A RESPIRACIÓN.

As persoas precisamos respirar continuamente. Cando respiramos, o aire entra no noso corpo polo nariz (fosas nasais), pasa pola farinxe, logo pola larinxe, despois pola traquea e, finalmente, dos bronquios chega aos pulmóns. Nos pulmóns dase un intercambio de gases: o osíxeno pasa ao sangue e o dióxido de carbono sae expulsado ao exterior, percorrendo o camiño anterior ao revés e saíndo pola boca.
O exercicio de coller aire polo nariz e encher os pulmóns chámase inspiración.
O exercicio de expulsar o aire pola boca e baleirar os pulmóns chámase expiración.

O APARATO RESPIRATORIO




De Smile and Learn - Español

NECESIDADES DOS SERES VIVOS PARA VIVIR.

Os seres vivos precisan para vivir:
- Aire.
- Auga.
- Alimentos.
- Relacionarse cos demais.
- Sol.



De Jesús Chacón Chaparro

De Gismar Umariana