sábado, 3 de marzo de 2018

A RESPIRACIÓN.

As persoas precisamos respirar continuamente. Cando respiramos, o aire entra no noso corpo polo nariz (fosas nasais), pasa pola farinxe, logo pola larinxe, despois pola traquea e, finalmente, dos bronquios chega aos pulmóns. Nos pulmóns dase un intercambio de gases: o osíxeno pasa ao sangue e o dióxido de carbono sae expulsado ao exterior, percorrendo o camiño anterior ao revés e saíndo pola boca.
O exercicio de coller aire polo nariz e encher os pulmóns chámase inspiración.
O exercicio de expulsar o aire pola boca e baleirar os pulmóns chámase expiración.

O APARATO RESPIRATORIO




De Smile and Learn - Español

No hay comentarios:

Publicar un comentario