A NOSA CLASE

BENVIDOS Á 3º!



SAMAÍN.

Segundo ciclo de primaria xa está listo para o Samaín.


MAGOSTO (Venres, 9/11/2018).

Hoxe no cole celebramos o Magosto. Que boas estaban as castañas!😋


Tamén se entregaron os premios do Concurso de relatos de Terror. Noraboa Martín!





BENVIDOS Á 2º!



Obra de teatro musicalizada: MOENDO MUIÑEIRAS.

Fomos toda primaria ver esta obra, gustounos aínda que era unha historia un pouco triste.





SAMAÍN.

Que ben o pasamos! Disfrazámonos, decoramos a porta da clase e cantamos cancións na biblioteca do cole.






MAGOSTO.

Xogamos a xogos tradicionais, montamos nun tren turístico, comemos castañas, bebemos chocolate quente, cantamos e bailamos. Tamén demos os nosos parabéns ás nosas gañadoras do concurso de apócema e monstro. Foi un día fantástico!





20 de novembro: Día Internacional dos Dereitos dos Nenos.




25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.


5 de decembro: Visita á Casa do Concello.

Hoxe fixémoslle unha visita ao noso alcalde. Este, xunto cun dos seus conselleiros e os voluntarios de Protección Civil explicáronos cales son as súas funcións. Despois vemos máis de preto a motobomba que utilizan os voluntarios de Protección Civil para apagar os lumes. Pasámolo xenial!



20 de decembro: Fomos ao cine a Carballo ver "Coco".

"Coco" é unha película preciosa sobre os valores da familia e o respeto ás persoas maiores. Gustounos moitísimo!


21 de decembro: Bo Nadal!

As alumnas e os alumnos de 2ºEP desexámosvos que pasedes un BO NADAL e un feliz ANINOVO!

8 de xaneiro: Chegaron os Reis Magos ao 1º ciclo de EP!

Que sorpresa nos levamos ao chegar ao cole hoxe! Os Reis tamén pasaron por aquí!


30 de xaneiro: Día escolar da non violencia e da paz.

Todo o cole cantou hoxe a canción de John Lennon "Imagine".



31 de xaneiro: Xornada de convivencia co CRA Os Remuíños para festexar o día do medio ambiente e da paz.

Primeiro de ciclo de educación primaria e Infantil asistimos a esta xornada de convivencia co CRA Os Remuíños para destexar o día do medio ambiente e da paz. Fixemos unha chea de obradoiros e pasámolo moi ben! Ata saímos no xornal!


9 de febreiro: Festexamos o Entroido!

Chegou o Entroido! No cole este ano estamos traballando a Arte, por iso no Entroido deste ano todos os defraces xiraran arredor deste tema. Ao 1º ciclo de educación primaria tocounos desfrazarnos de siluetas de cores animadas do pintor Keith Haring. A noso actuación foi todo un espectáculo!





8 de marzo: Fomos ao Pazo de Cultura de Carballo ver unha actuación do grupo de percusión "ODAIKO".

Que ben o pasamos con estes señores tan marchosos!


15 de marzo: Visitounos a escritora Alejandra Plaza Rodríguez para presentarnos o seu libro "Cuentos pequeños para gente menuda".

Hoxe visitounos unha antiga alumna do noso cole para presentarnos o seu libro e lernos un par de contos que están nel. 



21, 22 e 23 de marzo: Semana Cultural CPI As Revoltas.

Estes tres días encantáronnos! Fixemos un montón de obradoidos nos cales aprendimos un montón de cousas.

1º día: Visitáronnos Gustavo Varela e Amador Vidal, fixemos instrumentos musicais, escapamos dun cuarto pechado resolvendo pistas e puxémonos en forma facendo "step" en inglés.


2º día: A mamá dun neno de 1º EP falounos do seu traballo cos animais do mar e dos traballos que dependen del, construimos un futbolín e aprendemos a falar un pouquiño de francés e de alemán.


3º día: Xogamos a xogos tradicionais, fixemos obxetos de barro, cantamos nun karaoke en galego e pintamos un mural entre todos.



3 de abril: Fomos A Coruña visitar o MUNCYT.

Este museo é impresionante! Gustounos moito aprender tanto de avións, de robots, ...




19 de abril: Visitamos a Panadaría Lita.

Hoxe para aprender máis sobre o traballos que fan as persoas nos obradoiros fomos visitar a Carlos na Panadaría Lita para que nos explique en que consiste o seu traballo e de paso botámoslle unha man. Que bos estaban os croissants, as madalenas e os pans (tanto o de barra coma o de bolla)!


20 de abril: Convivencia co CRA Os Remuíños para celebrar o día do libro.

Esta vez tocounos a nós (Infantil e 1º ciclo de EP) convidar ao CRA Os Remuíños para festexar o Día do Libro. Tamén fixemos unha chea de obradoiros e pasámolo moi ben! Saímos de novo no xornal!











No hay comentarios:

Publicar un comentario