Un municipio está formado por unha ou varias localidades e o terreo que as arrodea.
Un concello está formado polo alcalde e os concelleiros, que gobernan o municipio e organizan os servizos municipais (varredores, xardineiros, policías, bombeiros, ...). Tamén é o edificio onde traballan o alcalde e os concelleiros, adoita estar na praza principal da localidade.
As persoas que viven no mesmo barrio ou na mesma localidade son veciños.
Os veciños dunha localidade teñen a obrigación de cumprir unha serie de normas de convivencia: respetarse, axudarse, prestarse cousas, compartir festas, coidar o que é de todos, normas sobre os ruídos, o lixo, as mascotas, o uso dos parques, ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario