O corpo está formado por músculos. Os músculos son brandos e elásticos, e pódense estirar e encoller. Serven para recubrir os ósos e producir movemento. Os músculos únense aos ósos mediante os tendóns.
Grazas aos sentidos coñecemos o que sucede ao noso arredor. As persoas temos cinco sentidos: - o oído: a través dos oídos somos capaces de diferenciar sons. - a vista: a través dos ollos distinguimos as cores, as distancias, os tamaños e as formas. - o gusto: a través da lingua percibimos sabores: doce, salgado, amargo, acedo. - o olfacto: a través do nariz percibimos olores. - o tacto: a través da pel/man sentimos o frío e a calor, o duro e o brando, o liso e o rugoso...
Ao longo da vida, as persoas medramos e cambiamos. Estas son as etapas da vida das persoas: 1ª Etapa: Infancia. - Aprendemos a falar e a camiñar. - Cambiamos moi rapidamente. - Medramos moito.
2ª Etapa: Adolescencia. - O corpo prepárase e medra para transformarse no dun adulto. - Época de rebeldía e independencia.
3ª Etapa: Idade adulta. - O corpo xa non medra máis, está totalmente desenvolto. - O corpo está preparado para a reproducción.
4ª Etapa: Ancianidade. - O corpo debilítase. - Aparecen as engurras e as canas. - As persoas teñen moita experiencia.